Aviso de cookies

Esta web utiliza unha cookie de sesión, esta cookie é de índole funcional e non podería funcionar sen ela.

A Cookie non garda información personal.


EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA, CALIDADE NOS SERVIZOS PROFESIONAIS

  • Comezo
  • Logotipo Colef Galicia

    Formulario de acceso

    Nome de Usuario
    Contrasinal

    DISTINTIVO EFD: MÁXIMA GARANTÍA PROFESIONAL

    Atender unha demanda das persoas colexiadas e os seus centros de traballo
    Ofrecer un servizo gratuito para as persoas colexiadas na modalidade exercente
    Aumentar a identificación coa Educación Física e Deportiva
    Visibilizar as figuras profesionais do Educador e a Educadora Físico Deportiva
    Apoiar os servizos profesionais cualificados dos Centros de Traballo
    Poñer en valor as boas prácticas profesionais na Educación Física e Deportiva

    INFORMACIÓN XERAL

    Visualizar distintivos entregados

    1. DENOMINACIÓN

    DISTINTIVO EFD: MÁXIMA GARANTÍA PROFESIONAL ®

    2. IMAXE

    3. LIÑA DE TRABALLO

    Dándolle continuidade ás campañas de visibilización realizadas polo COLEF Galicia nos últimos 5 anos, móstrase novamente o compromiso de seguir atendendo á necesidade de que a denominación Educadora e Educador Físico Deportivo se vaia consolidando entre os profesionais con formación universitaria en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, e tamén a cidadanía.

    Son numerosas as persoas colexiadas que nos fixeron chegar solicitudes e suxerencias para implementar iniciativas que puxese en valor nesta mesma liña #EFD (Educadores/as Físico Deportivos/as) a nivel profesional, neste caso a través dalgún distintivo identificador que diferenciase, achegase valor e informase o usuario ou cliente de servizos deportivos, axudando tamén a fidelizar aos TUCCAFD coa marca colexial. Por esta razón nace un proxecto que trata de recollelo, co horizonte posto no deseño, produción e implementación do Distintivo EFD: Máxima Garantía Profesional ®, coincidindo tamén cun período sensible para a #RegulaciónProfesionalXA.

    O COLEF Galicia poderá traballar cos persoas colexiadas ou centros de traballo que considere de referencia para mellorar o desenvolvemento do distintivo.

    4. PIVOTAXE

    De maneira coherente coa estratexia iniciada hai 5 anos, coas primeiras accións de visibilización planificadas e recollidas nos orzamentos, fóronse solicitando ao Consello COLEF diferentes axudas na mesma liña, que consolidaron unha forma de promocionar propiamente a Educación Física e Deportiva profesionais e fundamentalmente a figura das persoas colexiadas. Este proxecto conta cunha axuda económica por parte do Consejo COLEF a través da convocatoria “Impulso de proxectos colexiais 2023”.

    5. OBXECTIVOS

    • OE1. Aumentar a identificación corporativa e profesional en todos os niveis de desempeño, sexa de maneira individual ou colectiva, especialmente a través dos Centros de Traballo.
    • OE2. Mellorar a visibilidade das persoas profesionais EFD cara á cidadanía, institucións, e o propio ámbito profesional.
    • OE3. Recoñecer e agradecer o compromiso ás persoas colexiadas.
    • OE4. Apoiar os servizos profesionais cualificados dos Centros de Traballo, tanto CEREFD (Centro Referente en EFD: Máxima Garantía Profesional), como CECEFD (Centro Comprometidos coa EFD: Garantía Profesional).
    • OE5. Estimular as novas colexiacións vinculadas o proxecto EFD: Máxima Garantía Profesional, estratéxicamente con cotas de alta promocionadas.
    • OE6. Incrementar os acordos con Centros de Traballo, tanto CEREFD (Centro Referente en EFD: Máxima Garantía Profesional), como CECEFD (Centro Comprometido coa EFD: Garantía Profesional), e que promovan novas colexiacións.

    6. REQUISITOS

    Estar ofrecendo un servizo de exercicio físico educativo, recreativo, de adestramento, xestión ou saúde, por parte dun/ha ou varios/as Educadores/as Físicos/as Deportivos/as de alta na modalidade exercente.

    7. MODALIDADES DO DISTINTIVO

    Traballarase en 3 modelos de distintivos, tanto en formato dixital como impreso.

    INDIVIDUAL

    • CARACTERÍSTICAS: Modelo dixital (e opción impreso), que poderán solicitar todas as persoas colexiadas.
    • REQUISITOS: Estar colexiado/a en modalidade exercente e non ter expediente disciplinario aberto.
    • TRAMITACIÓN: Solicitude desde a plataforma habilitada e consulta da actualización de todo o proceso, coas mesmas claves de acceso que para a parte privada da páxina web colexial.
    • CUSTE: Descargar o distintivo en formato dixital non terá custo, e cando se solicite en soporte impreso en tamaño A3, corresponde un custe de emisión, impresión e envío (30 €)*.
    • TEMPORALIZACIÓN E VIXENCIA: Os distintivos terán unha vixencia anual, podéndose solicitar en calquera momento do ano.

    CENTRO DE TRABALLO COMPROMETIDO (CECEFD)

    “Centro Comprometido coa EFD: Garantía Profesional”
    • CARACTERÍSTICAS: modelo impreso, que poderán solicitar desde os Centros de Traballo Comprometidos coa EFD.
    • REQUISITOS DUN CECEFD: o plantel técnico no ámbito propio físico deportivo terá que contar con persoas educadoras físicas deportivas (profesionais coa TUCCAFD e debidamente colexiadas en modalidade exercente), sen expediente disciplinario aberto, podéndose compartir con traballadores con outra titulación oficial da familia das actividades físicas e deportivas. No caso de que no centro traballen varias persoas coa TUCCAFD que non estén colexiadas, terán que comprometerse a solicitar a alta en modalidade exercente no prazo de vixencia do distintivo para cumprir coa actual normativa.
    • TRAMITACIÓN: Calquera entidade ou empresa poderá solicitar o distintivo desde plataforma habilitada e consultar a actualización de todo o proceso.
    • CUSTE: O distintivo emitirase exclusivamente para cada centro de traballo en soporte impreso en tamaño A2, co correspondente custe de emisión, impresión e envío (50 €)*.
    • TEMPORALIZACIÓN E VIXENCIA: Os distintivos terán unha vixencia anual, podéndose solicitar en calquera momento do ano.

    CENTRO DE TRABALLO DE REFERENCIA (CEREFD)

    “Centro de Referencia en EFD: Máxima Garantía Profesional”
    • CARACTERÍSTICAS: modelo impreso, que poderán solicitar desde os Centros de Traballo Singulares e que reciban a conformidade previa.
    • REQUISITOS DUN CEREFD: o plantel técnico no ámbito propio físico deportivo terá que contar con todas as persoas que teñan TUCCAFD e estén colexiadas na modalidade exercente (educador/a físico/a deportivo/a) sen expediente disciplinario aberto, podéndose compartir con traballadores con outra titulación oficial da familia das actividades físicas e deportivas.
    • TRAMITACIÓN: Aquelas entidades ou empresas poderán solicitar este distintivo desde a plataforma habilitada e consultar a actualización de todo o proceso.
    • CUSTE: O distintivo emitirase exclusivamente para cada centro de traballo en soporte impreso en tamaño A2, co correspondente custe de emisión, impresión e envío (50 €)*.
    • TEMPORALIZACIÓN E VIXENCIA: Os distintivos terán unha vixencia anual, podéndose solicitar en calquera momento do ano.
    (*) Suxeito a actualización.

    8. DESEÑO PREVIO

    Deseño previo – Distintivo Individual

    9. COMPROMISO

    A persoa ou entidade solicitante responsabilízase da veracidade da información exposta, e comprométese a: 1) Cumprir cos requisitos do distintivo durante a súa vixencia; 2) Facer un uso ético; e 3) Cooperar na súa difusión e calidade.

    10. USO ABUSIVO

    Considérase o mesmo cando se empregue o distintivo de xeito enganoso, por persoas ou entidades que non teñen tal recoñecemento.

    Ademais das sancións disciplinarias recollidas estatutariamente, calquera uso abusivo dará lugar as accións xudiciais que o COLEF Galicia considere.

    Distintivo EFD: Máxima Garantía Profesional® é unha marca rexistrada e propiedade de COLEF Galicia.

    11. PRAZOS DE TRAMITACIÓN

    O procedemento de solicitude e tramitación será bimensual, é dicir, todas as solicitudes que entren dentro dun mes natural serán xestionadas durante o seguinte mes, tendo ese prazo para habilitar a descarga dixital ou o envío do soporte impreso, sempre que se cumpran os requisitos de solicitude.

    12. PROTECCIÓN DE DATOS

    Responsable do tratamento: Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia "en adiante COLEF Galicia" CIF: Q3678001C Dirección Postal: Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Edificio FEUGA – Despacho 20, CP 15705 – Santiago de Compostela; teléfono: 698177305; correo electrónico: colef@colefgalicia.com. Datos de contacto Delegado de Protección de Datos: Teléfono: 984283532 Correo electrónico: delegadoprotecciondatos @prodasva.org.

    Dacordo ao establecido na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos persoais que nos facilite serán tratados por COLEF Galicia, coa finalidade de levar unha correcta organización, xestión, tramitación, seguimento e control dos servizo de certificación a realizar. Informámoslle que os datos contidos na súa solicitude serán cedidos a outras entidades ou Organismos Públicos cos que exista unha obrigación legal, así como a aquelas empresas ou entidades coas que a Organización ten asinados convenios ou a colaboradores co fin de poder lograr unha maior difusión do certificado.

    Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a que os datos foron solicitados. COLEF Galicia non elaborará ningún tipo de “perfil”, en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a perfís. Vostede ten dereito a opoñerse e/ou retirar o consentimento/s ao tratamento dos datos indicado/s anteriormente, no seu caso, e en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsable do tratamento nas direccións anteriormente indicadas.

    Igualmente, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas, automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente, ou directamente ante o delegado de protección de datos. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente, sendo esta a Axencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesibles neste lugar.

    SOLICITAR DISTINTIVO

    Instrucións para a solicitude

    Distintivo individual

    Se estás colexiado/a en modalidade exercente, identifícate utilizando as mesmas credenciais que empregas na páxina web colefgalicia.com.

    Distintivo empresa

    No caso de empresas ou entidades, deberán solicitar o seu rexistro.

    Array
    (
        [login] => Array
            (
                [debug] => 1
            )
    
    )